viernes, 26 de junio de 2020

Este ano os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio San Tomé estabamos a realizar un proxecto para crear unha curta de animación sobre o conto MaRiLuZ AvEsTrUz.

A ilusión e as ganas eran máximas, puxémonos man á obra e traballamos arreo moitos meses, pero chegou ás nosas vidas o COVID-19, paralizándoo todo, e tamén o noso proxecto.

A nova situación  impediunos continuar co traballo iniciado e isto produciunos un gran pesar, pero como sempre hai que ver o vaso medio cheo e ser positivos, co pouco material que xa tiñamos elaborado e que puidemos aproveitar, pois outro moito tivo que quedar no tinteiro ao non estar rematado, decidimos crear este anaco da nosa curta.

Esperamos que a desfrutedes ao máximo.

Tamén vos colgamos o vídeo de como se fixo, con algunhas fotos que reflicten o gran traballo realizado.

Por último, pequenos e pequenas, queremos agradecervos a vosa ilusión no traballo, o voso esforzo, as vosas ideas e a paciencia durante as gravacións.

Un bico xigante de todas as mestras de Educación Infantil.





No hay comentarios:

Publicar un comentario