viernes, 18 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL

FAMILIAS, PODEDES IR AOS DISTINTOS BLOGUES DE 3, 4 E 5 ANOS PARA VER OS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL.

BO NADAL!

martes, 3 de noviembre de 2015

PREPARADOS, LISTOS, XA...!!!

Unha vez comezado o curso e repasado as normas da clase, o noso proxecto deu comezo:
O primeiro achegamento ó proxecto foi a través do libro “Gato Guille e os monstros” da escritora  Rocío Martínez e publicado pola editorial KalandraKa.


O encargado do día disfrazarase de distintas personaxes relacionadas co proxecto: detectives, magos...




PROXECTO "O MISTERIO"


               Ola familia dos nen@s de Infantil:


D
ende o equipo docente de Educación Infantil queremos dirixirnos a vós para explicarvos, na medida do posible,  a nosa maneira de traballar cos cativ@s.  

A metodoloxía empregada é a través de proxectos de investigación.

                     ¿QUÉ É UN PROXECTO?

É un método pedagóxico no que os nen@s pequen@s realizan unha investigación profunda dun tema interesante para todos. No noso caso este tema estúdiase a nivel de todo o centro, é dicir, tódolos nen@s do cole.

Ós nen@s de infantil gústalles investigar e aprender sobre o mundo que lles rodea e este método por proxectos permítelles os nen@s participar neste estudio do entorno cercano.
Ó principio, formulamos hipóteses sobre este tema a investigar: os nen@s expoñen o que saben do tema e o que queren saber. O mestre pode apuntar unha lista de preguntas a investigar do tema.
Conforme avanza o proxecto, imos investigando para dar respostas a esas preguntas formuladas polos nen@s: buscamos  información e profundizamos na biblioteca, en internet…; facemos excursións relacionadas co tema e que axuda a compréndelo mellor; entrevistamos a xente experta no tema; podemos crear un  recuncho (con materiais) do proxecto na aula; debatimos na asamblea e profundizamos no tema; etc.

Ó final do proxecto, comparamos o aprendido co que sabiamos ó principio. Sería unha recopilación do traballo feito ó longo do curso: a través de poesías, cartas, libro de receitas, creación de periódicos, etc.
Sen máis, dicirvos que este curso imos traballar.

             “O MISTERIO…”


Atentamente, o equipo de infantil do CEIP Santomé.







miércoles, 9 de septiembre de 2015

BENVID@S AO COLE!!


COMEZA UN NOVO CURSO! 

BENVIDO A TODO O ALUMNADO DE INFANTIL! TEMOS UN ANO POR DIANTE PARA APRENDER, XOGAR E DIVERTIRNOS!

BENVID@S PEQUES DE 3 ANOS AO CEIP SAN TOMÉ!


PODEDES VER O VÍDEO DE PRESENTACIÓN DESTE CURSO.



lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O VENRES 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ. FOMOS AO XIMNASIO PARA VER UNHA PROXECCIÓN COA PROFE ELVIRA QUE NOS FALOU DE  PALABRAS RELACIONADAS COA PAZ (NÓS TAMÉN TIVEMOS QUE DICIR AS NOSAS). DESPOIS DO PATIO CANTAMOS A CANCIÓN DE MIGALLAS "CAMPÁS POLA PAZ" APOIÁNDONOS NO USO DA LINGUAXE DE SIGNOS; E COMPROBAMOS COMO QUEDARA O NOSO FARO FEITO CON PEDRIÑAS. QUE DÍA TAN DIVERTIDO!

FOTOS