sábado, 22 de junio de 2013

RAIMUNDO DESPÍDESE DE NÓS


O ÚLTIMO DÍA DE COLE CHEGOUNOS UNHA POSTAL DO NOSO AMIGO RAIMUNDO. FOI O SEU XEITO DE DESPEDIRSE.


SON RAIMUNDO O MORCEGO VIAXEIRO COÑECEDOR DO MUNDO ENTEIRO. DE CHINA A AUSTRALIA DECIDÍN VOAR, É DE ONDE VOS MANDO ESTA POSTAL. PARA DICIRVOS, ISTO XA REMATOU; ESTAR CONVOSCO, ¡COMO ME GUSTOU!

¡FELICES VACACIÓNS E ATA OUTRA OCASIÓN!  BOTAREIVOS DE MENOS, QUERIDOS NENAS E NENOS. ESPERO QUE VOS GUSTASEN AS MIÑAS VIAXES, CHEAS DE HISTORIAS, MÚSICA E TRAXES. COMIDAS, ARTISTAS, ANIMAIS E MONUMENTOS, CON VÓS COMPARTÍN GRANDES MOMENTOS.

SEMPRE VOS QUEREREI E TAMÉN LEMBRAREI.UN SAÚDO DESTE MORCEGO ORELLUDO. RAIMUNDO.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario