XA ESTÁN COLGADAS NA AULA VIRTUAL UNHAS INDICACIÓN XERAIS E AS ACTIVIDADES CONCRETAS PARA REALIZAR ESTE LUNS 16 DE MARZO.
CADA DÍA, IREMOS SUBINDO UNHA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA QUE POIDADES AS REALIZAR NA CASA COS NENOS E NENAS.
ACCEDEDES Á AULA VIRTUAL E ALÍ ATOPAREDES INSTRUCCIÓN PARA PODER LEVAR A CABO AS ACTIVIDADES PROPOSTAS!!!
INDICACIÓNS XERAIS PARA O CICLO DE INFANTIL
TRABALLAR A LECTO- ESCRITURA --> LER CONTOS, ELABORAR A LISTA DA COMPRA, REXISTRAR OS PASOS DUNHA RECEITA, ESCRIBIR OS NOMES DOS COMPAÑEIROS/AS DA AULA, DOS MESTRES...
DESENVOLVER O ÁMBITO DA LÓXICA- MATEMÁTICA--> CREBACABEZAS, CONTABILIZAR O NÚMERO DE CONTOS, ROTULADORES... QUE TEMOS NA CASA.
FOMENTAR A CREATIVIDADE--> DEBUXAR, INVENTAR UNHA HISTORIA, COMPOÑER DE FORMA LIBRE EMPREGANDO DISTINTOS MATERIAIS (XORNAIS, TAPÓNS, REVISTAS, CARTÓN...)
RESPECTAR NORMAS, TURNOS...--> XOGOS COOPERATIVOS, DE MESA... COMO O PARCHÍS OU A OCA ENTRE OUTROS.
DESENVOLVER A TONICIDADE E A PSICOMOTRICIDADE FINA--> XOGAR CON PLASTILINA, RECORTAR CON TESOIRAS, FACER COLLAGES...
AFIANZAR RUTINAS -> AXUDAR NAS LABORES DOMÉSTICAS COMO COCIÑAR, VARRER, RECOLLER OS XOGUETES, POÑER A MESA...
MOTRICIDADE GROSA--> BAILAR UNHA CANCIÓN QUE VOS FAGA FELIZ.
PERO O MÁIS IMPORTANTE E QUE DISFRUTEDES DO TEMPO EN FAMILIA COMPARTINDO MOMENTOS ÚNICOS E CREANDO RECORDOS ESPECIAIS E IRREPETIBLES, PORQUE AS MESTRAS/ES DE INFANTIL ESTAMOS SEGUROS DE QUE TODO VAI SAÍR BEN.
MOITO ÁNIMO, XUNTOS PODEMOS CON TODO!!
REALIZA O SEGUINTE EXPERIMENTO PARA COMPROBAR A IMPORTANCIA DE LAVARSE AS MANS CON XABÓN, E ASÍ, CONCIENCIARNOS DA NECESIDADE DUNHA BOA HIXIENE PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO CORONAVIRUS.
Cartafol