XA QUE ESTABA EN MARROCOS, RAIMUNDO DECIDIU COÑECER O RESTO DE ÁFRICA. FIXO UNHA AMIGA, KABIBI, DA TRIBO DOS HIMBAS. ESTÁ A VER SURICATAS, LEÓNS E XIRAFAS. PERO TAMÉN RIQUEZA E POBREZA... POR ISO DESPEDIU A SÚA CARTA CUNHA CUESTIÓN : ¿QUE PODEMOS FACER PARA CAMBIAR ESTA SITUACIÓN?
NESTE MES DE ABRIL ACHEGÁRONSE AO COLE FAMILIARES DOS NENOS E NENAS. ALGÚNS PARA ENSINARNOS COUSIÑAS DOS SEUS PAÍSES E OUTROS, DAQUELES LUGARES AOS QUE TIVERON QUE EMIGRAR UNS ANOS ATRÁS. DEIXAMOS UN VÍDEO QUE FIXEMOS CON TODO O CARIÑO PARA AGRADECERLLES A PARTICIPACIÓN, ATREVERSE A VIR A FALARLLE AOS PEQUES E POR COLABORAR CON NÓS NO PROCESO ENSINO - APRENDIZAXE. ¡MOITAS GRAZAS!
O NOSO MORCEGO FAVORITO FOI VOANDO DESDE BRASIL ATA MARROCOS. CONTOUNOS NUNHA CARTA QUE SE FIXERA AMIGO DE PACO O MACACO, FORA MERCAR AO ZOCO UNHAS BABUCHAS, UN FEZ E UNHA CHILABA; E XA VISITARA MEZQUITAS, COMERA CUSCÚS... ¡QUE BEN O ESTÁ A PASAR!