martes, 3 de noviembre de 2015

PREPARADOS, LISTOS, XA...!!!

Unha vez comezado o curso e repasado as normas da clase, o noso proxecto deu comezo:
O primeiro achegamento ó proxecto foi a través do libro “Gato Guille e os monstros” da escritora  Rocío Martínez e publicado pola editorial KalandraKa.


O encargado do día disfrazarase de distintas personaxes relacionadas co proxecto: detectives, magos...




PROXECTO "O MISTERIO"


               Ola familia dos nen@s de Infantil:


D
ende o equipo docente de Educación Infantil queremos dirixirnos a vós para explicarvos, na medida do posible,  a nosa maneira de traballar cos cativ@s.  

A metodoloxía empregada é a través de proxectos de investigación.

                     ¿QUÉ É UN PROXECTO?

É un método pedagóxico no que os nen@s pequen@s realizan unha investigación profunda dun tema interesante para todos. No noso caso este tema estúdiase a nivel de todo o centro, é dicir, tódolos nen@s do cole.

Ós nen@s de infantil gústalles investigar e aprender sobre o mundo que lles rodea e este método por proxectos permítelles os nen@s participar neste estudio do entorno cercano.
Ó principio, formulamos hipóteses sobre este tema a investigar: os nen@s expoñen o que saben do tema e o que queren saber. O mestre pode apuntar unha lista de preguntas a investigar do tema.
Conforme avanza o proxecto, imos investigando para dar respostas a esas preguntas formuladas polos nen@s: buscamos  información e profundizamos na biblioteca, en internet…; facemos excursións relacionadas co tema e que axuda a compréndelo mellor; entrevistamos a xente experta no tema; podemos crear un  recuncho (con materiais) do proxecto na aula; debatimos na asamblea e profundizamos no tema; etc.

Ó final do proxecto, comparamos o aprendido co que sabiamos ó principio. Sería unha recopilación do traballo feito ó longo do curso: a través de poesías, cartas, libro de receitas, creación de periódicos, etc.
Sen máis, dicirvos que este curso imos traballar.

             “O MISTERIO…”


Atentamente, o equipo de infantil do CEIP Santomé.