lunes, 28 de enero de 2013

raimundo en américa do norte

O NOSO AMIGO RAIMUNDO VIAXOU DO POLO SUR A AMÉRICA DO NORTE. MANDOUNOS UNHA FOTO NUN TIPI, A CASA DOS INDIOS AMERICANOS. ESTES DÍAS ESTAMOS DESCUBRINDO MOITAS COUSAS INTERESANTES DESTA CULTURA. ¡INVENTAMOS O NOSO NOME INDIO!

Se queredes ver máis fotos, premede aquí.

martes, 22 de enero de 2013

RAIMUNDO NOS POLOS

Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL CHEGOUNOS UNHA CARTA DE RAIMUNDO. ESTABA VIAXANDO DO POLO NORTE AO POLO SUR. ¡ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSIÑAS! ADEMAIS O NOSO MORCEGO FAVORITO MANDOUNOS UNHA FOTO DA SÚA ESTANCIA NUN IGLÚ.


sábado, 5 de enero de 2013

Raimundo en Rusia

O último que soubemos de Raimundo foi a súa estancia en Rusia: a catedral de San Basilio, o Transiberiano, as "matrioskas", os gorros rusos...
¿Por onde andará á volta das vacacións de nadal?

Se queredes ver máis fotos dos peques de 3 anos, premede aquí.