miércoles, 31 de octubre de 2012

CELEBRANDO HALLOWEEN

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS GRABARON UN VÍDEO CANTANDO UNHA CANCIÓN DE HALLOWEEN!



Tamén hai fotos deste día terrorífico... se queredes ver máis premede na foto.




OS DE 4 TAMÉN QUIXEMOS DIVERTIRNOS!!!!


domingo, 28 de octubre de 2012

jueves, 25 de octubre de 2012

A poesía de Raimundo

Na carta que nos deixou Raimundo había unha poesía moi chula que estamos aprendendo...

Se queredes ver a poesía enteira, premede nunha das fotos.








miércoles, 24 de octubre de 2012

A canción de Raimundo

A CANCIÓN DE RAIMUNDO

O morcego Raimundo xa ten canción: "Voa, voa". Aquí tedes a versión "karaoke"

Chegou o morcego Raimundo!

A semana pasada recibimos unha carta moi especial; o morcego Raimundo poñíase en contacto con nós, o motivo era solicitar permiso para descansar no noso patio das súas longas viaxes polo mundo.


Evidentemente a nosa resposta foi afirmativa, pero puxemos unha condición: que nos fixera partícipes das súas viaxes e dese xeito podamos chegar a coñecer moitos lugares fantásticos. Como non se negou, xa montou a súa casiña nunha das árbores do patio.

Como nos caeu simpático, utilizarémolo para moitas máis cousas, como para indicar quen serán os axudantes.

En fin, que seremos compañeiros todo o curso, así que.... BENVIDO, RAIMUNDO!!


jueves, 18 de octubre de 2012

Traballo de Interculturalidade

Como ben sabedes, este ano no colexio traballaremos a interculturalidade dentro do proxecto da Biblioteca. O equipo de Educación Infantil xa está de cheo metido no tema e xa comezamos a desenvolvelo cos nenos e nenas.
A continuación deixamos un enlace onde se poden ver os temas escollidos e a temporalización para este primeiro trimestre (preme aquí)

Nos vindeiros días faremos a presentación en sociedade dun amigo que será protagonista ao longo de todo o curso, o morcego Raimundo, que nos acompañará nesta aventura por todo o mundo.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Os nen@s de 4 anos tamén fan marmelo

Os nenos e nenas de 4 anos non quixeron ser menos que os seus compañeiros de 3 anos e tamén fixeron un delicioso marmelo.
Se queredes ver fotos da actividade, premede na imaxe.




jueves, 11 de octubre de 2012

Os nenos de 3 anos fan marmelo

Os alumnos e alumnas de 3 anos fixeron unha experiencia moi interesante: a elaboración de marmelo.
Aquí tedes un vídeo do proceso.



Se queredes ver as fotografías, preme na imaxe




miércoles, 10 de octubre de 2012

Benvida!

Coa cantidade de cousas que se fan en Educación Infantil era necesario ter un espazo propio, así que creamos este blogue para compartir con tod@s as nosas tarefas, actividades, fotos...

Pouco a pouco iremos dotando de contido ao blogue, que pretendemos que sexa un instrumento máis de traballo.